CARLOS  PEREIRA  MARTÍNEZ

Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED, cursou estudios de doutorado en Historia Medieval na mesma. É Historiador do Concello de Culleredo. Especialista na Orde do Temple, ten publicados diversos libros e artigos de temática medieval, como, Os Templarios. Artigos e ensaios (2000), A Orde de Alcántara na Galiza Medieval (2001). Sobre historia contemporánea, publicou, Fábrica de Armas da Coruña (1998), Anxo Senra Fernández (1999), ou Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (2002).

 

ANA  ROMERO  MASIÁ

Cursou estudios de Historia e Historia da Arte, doutorándose en Historia Contemporánea na Universidade da Coruña. É catedrática de Historia no Instituto “Monte das Moas” da Coruña. Como arqueóloga, dirixiu as escavacións do castro de Borneiro (Cabana de Bergantiños). Ten publicados numerosos libros sobre arqueoloxía e prehistoria, sobre didáctica e pedagoxía da historia e sobre historia contemporánea, destacando entre estes últimos, A fábrica de Tabacos da Palloza (1997), Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia (2000), Republicanismo coruñés (2001), e Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco (2003).

 

 

VOLVER