{Alfredo Erias debuxando as laudas medievais de San Francisco da Coruņa no 1999}{Alfredo Erias, X-2000}

Alfredo Erias Martínez naceu en Presedo, Abegondo, A Coruña, o 29 de maio de 1954. Reside actualmente en Betanzos. É Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde o 30 de abril de 1983 ocupa en propiedade a praza de ARQUIVEIRO - BIBLIOTECARIO do Excmo. Concello de Betanzos e desde o 13 de xaneiro de 1984 é tamén DIRECTOR DO MUSEO DAS MARIÑAS e do ANUARIO BRIGANTINO.
-Desde 1989 a 1992 foi COORDENADOR da XUNTA DE GALICIA para a ORGANIZACIÓN DE ARQUIVOS MUNICIPAIS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA, LUGO E OURENSE, organizándose mediante bolseiros 52 arquivos doutros tantos concellos (700 parroquias con 378.231 habitantes), o que supón máis de 5 km. de estantería (5.145 m.) con 51.196 unidades de instalación. Os inventarios correspondentes están na Consellería de Cultura e en cada concello.
-É autor de diversos libros e numerosos traballos de investigación.
-É PINTOR, DEBUXANTE e GRAVADOR.
-Fundou no 1997, con Mª Teresa Garea, a editorial Briga Edicións SC e nela publica a colección: DEBUXOS DE GALICIA:

I.- BETANZOS
II.- CRUCEIROS
III.- CAZA MEDIEVAL
IV.- MÚSICOS DO PÓRTICO DA GLORIA
V.- CABALEIROS