LIBROS

-Dirixiu (ademais de deseñar, compoñer e maquetar) ata este momento 16 números do ANUARIO BRIGANTINO, revista de investigación histórica, artística e antropolóxica, que é intercambiada con moitas outras de España e do mundo e forma parte das bases de datos do CSIC e da Biblioteca Universitaria de Santiago.
-Dirixiu a edición facsímil do primeiro periódico de Betanzos, EL CENSOR (1883), realizada polo Concello de Betanzos no 1994.
-Dirixiu a edición facsímil, e fixo a introducción, da HISTORIA DE LA CIUDAD DE BETANZOS de Manuel Martínez Santiso (1892), publicada pola Deputación Provincial da Coruña no 1987.
-Escribiu, compuxo e maquetou O ARQUIVO FOTOGRÁFICO SELGAS, libro que editou o Concello de Betanzos no 1990 como complemento dunha mostra fotográfica, da que A. E. foi o organizador.
-Escribiu, compuxo e maquetou VALES VILLAMARÍN: LEMBRANZA NO CENTRNARIO DO SEU NACEMENTO, libro editado polo Concello de Betanzos no 1991, como parte dos actos de inauguración da "Sala Cronista Vales Villamarín" no Arquivo Municipal de Betanzos.
-Escribiu (en colaboración) e coordenou El GLOBO DE BETANZOS. Madrid, Goya Stela, 1996.
-Escribiu (en colaboración), compuxo e maquetou O CINEMATÓGRAFO EN BETANZOS (1897-1951), editado pola Deputación Provincial da Coruña no 1997. Foi o 1º premio de 1993 do concurso que anualmente realiza a Federación Galega de Cineclubes sobre a Historia da Galicia Cinematográfica.
-Realizou a edición (en colabración) de CONTOS E POEMAS DE MANUEL ROEL: UN AUTOR IGNORADO, Concello de Betanzos, 1998.
-Realizou a edición (en colaboración) da OBRA EN GALEGO DE XESÚS CALVIÑO DE CASTRO, Concello de Betanzos, 1999.
-É coautor (e autor da Introducción) do libro, BETANZOS FOTOGRÁFICO: IMAXES DOS SÉCULOS XIX E XX, Concello de Betanzos, 2001.

-É coautor do libro,  A MEMORIA DE BETANZOS da colección "Álbum de Postais", Vigo, Xerais, 2003.