CABALEIROS consta dun estudio, en galego e castelán, e 14 láminas, con 37 cabaleiros de Galicia da Baixa Idade Media (os máis importantes) debuxados cos seus correspondentes escudos e, en ocasións, tamén co seu sepulcro. As láminas teñen o seguinte contido:
1.- Betanzos, s. XIV. Os irmáns Iohan Freyre de Andrade, Nuño Freyre de Andrade e Fernán Pérez de Andrade.
2.- Betanzos (S. Francisco), s. XV. Aras Pardo; cabaleiro da familia Figueiroa, e o alabardeiro Pero Fernandes de Párega.
3.- Santiago de Compostela (San Domingos de Bonaval). "Fernán Caao de Cordido" "o vello" (s. XIV) e "o mozo" (s. XV).
4.- Xoán do Campo (Santiago, Bonaval), s. XV. Nuño Freyre de Andrade "o mao" (Monfero, 1431). Ares Vázquez de Vaamonde (Sobrado, s. XV).
5.- Diego Esquío (Neda, 1430) e Rodrigo Esquío (Xubia, Narón, s. XV).
6.- Fernán Pérez de Andrade "o mozo" (Monfero, 1470), o seu fillo Diego de Andrade (Monfero, 1492) e o seu neto Fernando de Andrade (Pontedeume, 1540).
7.- Lugo, S. Francisco, s. XV. Pedro Fernández de Bolaño e Rodrigo Afonso de Saavedra.
8.- Fernán Díaz de Ribadeneira (Lugo, Santo Domingo, s. XV) e un cabaleiro descoñecido (Lugo, s. XVI).
9.- Diego García de Ulloa (Vilar de Donas, Palas de Rei, 1410), Diego de Lemos (Ferreira de Pantón, 1460) e Frey Álvaro de Quiroga (O Incio, s. XV).
10.- Cabaleiros do s. XII-XIII (San Pedro de Rocas, Esgos, Ourense).
11.- Ribadavia (Santo Domingo). Lourenzo Ares Loureiro (?), s. XIV; cabaleiro da familia Maldonado (s. XIV), e Pedro Vázquez de Puga (s. XVI).
12.- Gonzalo de Puga (Ourense, S. Francisco, 1512), Juan de Noboa (Ourense, San Francisco, s. XVI) e Nuño González de Puga (Allariz, s. XVI).
13.- Pontevedra (S. Francisco): Payo Gómez Charino (1295) e un cabaleiro descoñecido (s. XV).
14.- Pontevedra, Santo Domingo, s. XV: Diego Álvarez de Soutomaior e Sueiro Gómez de Soutomaior. Tui, Santo Domingo, s. XV: un Soutomaior.
|
|
 |